- Exposición de fotos antigas. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores
- Refráns, adiviñas e receitas. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
- O mandadiño. A partir do luns, día 9, aparecerá O Mandadiño para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando con versos, qué prendas teremos que vestir do luns ó xoves para que finalmente parezamos unha comparsa.
LUNS: PON UNHA CAMISETA DO REVÉS E VERÁS QUE SORTE TÉS
MARTES: PON ALGO NA CABEZA PARA QUE NON CHE PODREZA
MÉRCORES: COLGA ALGO NO PESCOZO E BRINCARÁS CO GOZO
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA
(Os elementos que se van traendo son acumulativos)
VENRES: FESTA DE ENTROIDO NO COLE CON PAPADELA E BAILE.
LEMBRADE!
DISFRAZARÉMONOS COS DISFRACES FEITOS NA CLASE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario