“Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.”
Mirade que video tan chulo,e cheo de información nos envía Xian dende Boston.
Damos os nosos agradecementos ós seus papás por colaborar connosco neste proxecto.
Moitísimas gracias ós tres.
Hoxe na asemblea tras ver toda a información que os nenos trouxeron comezamos a falar das viaxes.
Todos temos ilusión por viaxar...Así é, propuxemos facer unha viaxe imaxinaria! Para elexir destino fixemos unha votación. Foron moitas as respostas; Brasil, Madrid, O mar, Vigo,España, Barcelona....
Pero como non, o destino estrela e que gañou por máis puntos foi...BOSTON!!