miércoles, 31 de octubre de 2018

A FESTA DO MEDO. O SAMAÍN



























PODEDES DESCARGAR TODAS AS FOTOS DE OUTUBRO NO SEGUINTE ENLACE


lunes, 29 de octubre de 2018

martes, 23 de octubre de 2018

lunes, 22 de octubre de 2018

SAMAÍN, NOUTRAS CULTURAS HALLOWEEN

RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAÍN




ORIXE DO SAMAÍN


O calendario celta está dividido en catro estacións:

• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.


O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.


Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.

Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.

Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.

Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.

Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.

CORRE, CORRE CABACIÑA







DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celebramos todos xuntos o "Día das BIBLIOTECAS". Os maiores do cole déronnos os carnés para poder facer empréstitos de contos. Cada venres levaremos un libro na carpeta e traerémolo de volta no seguinte venres. Por outra banda tamén despegaron as "MOCHILAS VIAXEIRAS". Cada semana visitarán unha familia. Preparádevos para a súa chegada!


 













jueves, 18 de octubre de 2018

COÑECEMOS A CATUXIÑA




O día 22 de outubro celebrarase o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". Dende ese día "A MOCHILA VIAXEIRA" partirá co seu itinerario e visitará as casas dos pequenos. Por outro lado, nesa mesma semana daremos comezo ó prestamo de biblioteca. Todos os venres os cativos levarán un conto o cal compartirán e gozarán en familia. Preparámonos para a ocasión xogando e coñecendo un pouquiño máis a nosa biblioteca. Coñecedes a nosa mascota?


https://www.chiscos.net/xestor/chs/eeiogrupo/catuxinnalim/lim.swf?libro=catuxinnalim.lim

martes, 16 de octubre de 2018

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...