miércoles, 28 de septiembre de 2011

FACEMOS CREBACABEZAS!!

Hola de novo!Imos xogar un pouquiño!! Que tal uns crebacabezas? Para poñer o xogo en grande hai que premer na ventaniña que aparece na parte superior á dereita.Para pasar ó seguinte puzzle darlle a frechiña que aparece na parte inferior....A xogaaaaar!

jueves, 22 de septiembre de 2011

martes, 20 de septiembre de 2011

OS PRIMEIROS ENCARGADOS!

Blogueiros na nosa clase cada día hai un neno que é o encargado, e como tal ten as súas funcións... Por agora cústanos un pouco pero imos aprendendo!!Aquí van algunhas fotiños dos primeiros encargados!!




FUNCIÓNS DO ENCARGADO:
- Pasar lista, e contar cántos nenos e nenas faltan
- Poñer o día que é no calendario
- Colocar a icona do tempo que fai( sol, nubes, chuvia, tronos...)
- Marcar no panel de estadísticas de tempo a casilla do tempo que fixo, para contar os días de sol e chuvia ó final de mes
- Buscar as letras do noso nome e poñelas na pizarra magnética, copialas, e debuxarnos a nós mesmos...
- Repartir o material a cada mesa
- Conducir o trenciño (ir de primeiro na fila)
- E moitas cousas máis!!

Uf! canto traballo non?
Pero lles encanta!!





domingo, 11 de septiembre de 2011

CANCIÓNS DA NOSA AULA!!

Aquí vos vai un avance dalgunhas cancións que estarán á orde do día da nosa aula!!




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...