jueves, 22 de diciembre de 2011

E O MÁIS ESPERADO...A CHEGADA DE PAPÁ NOËL




FELICES FESTAS E ANINOVO A TODOS!!

EU QUERO...

miércoles, 21 de diciembre de 2011

SOMOS RODOLFOS!!

domingo, 11 de diciembre de 2011

PREPARÁMONOS PARA O NADAL!!

Aquí queda a panxoliña que aprendemos para celebrar o nadal no cole!! Xa podedes escoitala na casa!!

jueves, 8 de diciembre de 2011

viernes, 25 de noviembre de 2011

ASI XOGAMOS COA PANTALLA¡

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA!

A nosa primeira saída foi xenial. Portámonos moi moi ben e atendemos moito no teatro.Xa queremos volver e repetir!! E o autobús...mellor non explicalo, mellor velo en video!
Boa fin de semana.




martes, 22 de noviembre de 2011

domingo, 20 de noviembre de 2011

XOGAMOS E TRABALLAMOS!!

Aquí vai unha actividade lim sobre todo o tema que estamos a traballar. Xogade, xogade a ver que sorpresas atopades!!



Para xogar a pantalla completa tendes que premer na ventaniña superior dereita! E para comprobar se as actividades están ben ou mal darlle á v que aparece na parte inferior.

viernes, 18 de noviembre de 2011

O CUMPLE DE PAULA!!

Hoxe celebramos o cumple de Paula! A verdade...pasámolo moi ben! Mirade como toleamos no noso recanto!!



Seguro que no video e nas fotos atopades unha novidade na clase!! Pois si! TEMOS UNHA PANTALLA MÁXICA !! Como a que ten a profe Inés na aula de TICS!! Seguro que estades desexosos de saber cómo funciona e qué fan con ela!!O luns xa vos mostraremos moitas fotiños e videos do que facemos con esta maravilla!!

viernes, 11 de noviembre de 2011

DISFRUTANDO DO OUTONO!! FESTA DO MAGOSTO!!



Estes días estivemos preparándonos para a festa do Magosto! Fixemos os bolsiños e un Comecastañas moi simpático...

Tamén participamos nun taller creativo da man da ludoteca Colorín Colorado! Coa chegada do outono fai frío e chove...De aí que lle fixeramos un pucho, unha bufanda e un paraugas os señores Piña! Qué simpáticos quedaron!!

E chegou o día da festa!! Aínda que o bo tempo non nos acompoñou, pasámolo moi moi ben!!

domingo, 6 de noviembre de 2011

domingo, 30 de octubre de 2011

O CUMPLE DE BRYAN

SEMANA DO SAMAÍN

Esta semana foi adicada a traballar o Samaín!! Fixemos moitas cousas velaquí un resumo! Moitos nenos fixeron nas súas casas coas súas familias cabazas simpáticas, monstruosas e sobretodo orixinais...

Traballamos expresións con cabazas e logo as repetiamos nós! SORPRESA, ALEGRÍA, TRISTEZA...Mirade que ben o facemos!!

Fixemos a nósa propia cabaza de aula, e tras unha votación democrática decidimos poñerlle de nome: LELA! Mirade que guapiña nos quedou!!

Fixemos uns pantasmiñas moi chulis e simpáticos con chupa chups!! Que contentos fomos pa casa con eles!!

O venres saímos todos xuntos ó patio e cantamos as cantigas que aprendemos en inglés do Samaín coa profe Berta. GO AWAY!

lunes, 24 de octubre de 2011

DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Como o título desta entrada anuncia hoxe é o día internacional de bibliotecas. Para celebralo fixemos unha festa de apertura na nosa biblioteca "A charca de Catuxiña".Así, hoxe coñecemos a esta ra tan simpática que nos contou varios contos xunto coa súa amiga Lupita. Gustáronnos e pasámolo ben, e ademáis aprendemos algo moi importante... Hai que coidar os nosos contos, xa que eles pódennos trasladar a mundos maravillosos portadores de maxia e fantasía...
Para rematar fixemos unhas Catuxiñas para gardar como recordo! A ver que vos parecen!!

domingo, 23 de octubre de 2011

jueves, 20 de octubre de 2011

martes, 18 de octubre de 2011

CANTA INFORMACIÓN ESTAMOS XUNTANDO!!

QUE BEN!! Estamos creando un rincón cheo de información do tema que estamos a tratar!! Agora imos ir traballando pouquiño a pouco cós libros de fichiñas e este recuncho serviranos de apoio para aprender moitísimas cousas!! Hoxe polo momento estivemos mostrando ós compañeiros o material que trouxemos...Aquí deixamos algunhas fotiños!

domingo, 16 de octubre de 2011

FACÉMONOS MAIORES!!

Papás e mamás imos comezar un proxecto de traballo no que o centro de interese sobre o que imos investigar é... "Cómo nos facemos maiores". Estamos moi ilusionados e temos moitas ganas de aprender, pero precisamos da vosa axuda e colaboración. Necesitamos información e material sobre tres aspectos: - Embarazo e nacemento - Bebés - Nenos e nenas Válennos todo tipo de materiais; fotos, contos, revistas, recortes, imaxes, ecografías, obxectos... É interesante traer fotos de cando eramos bebés para comparalas coas nosas fotos de agora, e facer algún traballiño sobre isto. Xa temos ganas de buscar información con papá, mamá, a avoa, o avó, o tío, a tía...e levala ó cole para compartir cós nosos compañeiros!! Vai ser moi divertido!! Gracias por axudarnos a construir os nosos coñecementos!!

jueves, 13 de octubre de 2011

lunes, 10 de octubre de 2011

XAN XA TEN 3 ANOS!!



lunes, 3 de octubre de 2011

domingo, 2 de octubre de 2011

miércoles, 28 de septiembre de 2011

FACEMOS CREBACABEZAS!!

Hola de novo!Imos xogar un pouquiño!! Que tal uns crebacabezas? Para poñer o xogo en grande hai que premer na ventaniña que aparece na parte superior á dereita.Para pasar ó seguinte puzzle darlle a frechiña que aparece na parte inferior....A xogaaaaar!

jueves, 22 de septiembre de 2011

martes, 20 de septiembre de 2011

OS PRIMEIROS ENCARGADOS!

Blogueiros na nosa clase cada día hai un neno que é o encargado, e como tal ten as súas funcións... Por agora cústanos un pouco pero imos aprendendo!!Aquí van algunhas fotiños dos primeiros encargados!!




FUNCIÓNS DO ENCARGADO:
- Pasar lista, e contar cántos nenos e nenas faltan
- Poñer o día que é no calendario
- Colocar a icona do tempo que fai( sol, nubes, chuvia, tronos...)
- Marcar no panel de estadísticas de tempo a casilla do tempo que fixo, para contar os días de sol e chuvia ó final de mes
- Buscar as letras do noso nome e poñelas na pizarra magnética, copialas, e debuxarnos a nós mesmos...
- Repartir o material a cada mesa
- Conducir o trenciño (ir de primeiro na fila)
- E moitas cousas máis!!

Uf! canto traballo non?
Pero lles encanta!!





domingo, 11 de septiembre de 2011

CANCIÓNS DA NOSA AULA!!

Aquí vos vai un avance dalgunhas cancións que estarán á orde do día da nosa aula!!




sábado, 4 de junio de 2011

EMPEZAMOS NOVO BLOG...


Hola a todos, son a profe Tati e douvos a benvida ó meu recantiño. Neste blog pretendo amosar o día a día da miña aula.Xa está todo listo para comezar...Só falta unha cousa! os pequerrechos! Xa estou desexando coñecervos!!
Un saudo e un biquiño a todos!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...