Esta semana foi adicada a traballar o Samaín!! Fixemos moitas cousas velaquí un resumo!
Moitos nenos fixeron nas súas casas coas súas familias cabazas simpáticas, monstruosas e sobretodo orixinais...
Traballamos expresións con cabazas e logo as repetiamos nós! SORPRESA, ALEGRÍA, TRISTEZA...Mirade que ben o facemos!!
Fixemos a nósa propia cabaza de aula, e tras unha votación democrática decidimos poñerlle de nome: LELA! Mirade que guapiña nos quedou!!
Fixemos uns pantasmiñas moi chulis e simpáticos con chupa chups!! Que contentos fomos pa casa con eles!!
O venres saímos todos xuntos ó patio e cantamos as cantigas que aprendemos en inglés do Samaín coa profe Berta.
GO AWAY!
No hay comentarios:
Publicar un comentario