lunes, 26 de noviembre de 2012

DIA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte día 25 foi o día internacional da non violencia contra a muller. En conmemoración disto deixamos publicados uns videos que amosan moitos aspectos da realidade dos que debemos reflexionar.

FELICIDADES PEQUECHOS! ELI E ÓSCAR ENTRAN NOS 4

lunes, 19 de noviembre de 2012

O CUMPLE DE PAULA. XA TEN 4 ANOS!

Esta semana comezamos unha nova aventura. Dende a nosa biblioteca " A charca de Catuxiña", puxemos en marcha as "mochilas viaxeiras", cargadas de contos e recursos cheos de historias máxicas coas que gozar da lectura en familia. A mochila viaxará polas casas do alumnado. Cada semana levaraa un neno, tendo 7 días para gozar do seu contido e plasmar as súas experiencias na libreta de recordos coa axuda dos familiares. Podedes facer un debuxo, escribir cousas, pegar fotos...
Desexamos que vos guste a experiencia e coidedes o material.



O primeiro en levar a mochila é Adri. O próximo Luns traeraa de volta e levaraa o seguinte na lista.
 

domingo, 18 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...