Mostrando entradas con la etiqueta SEMANA DA PRENSA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEMANA DA PRENSA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Esta semana conmemórase segundo o calendario escolar a "SEMANA DA PRENSA"...
Para traballar o tema na asemblea preguntamos... SABEDES O QUE É UN XORNAL?

TODOS: noooooon
PROFE: e non sabedes o que é un periódico?
TODOS: siiiii
PROFE: que é?
ARANTXA: es una revista
EZEQUIEL: es para ver cosas
VICTORIA: salen papás y mamás
UXÍA: y abuelos y abuelas
ERIKA: y tíos y tías...
PROFE: onde saen papás e mamás?
AITANA: en las fotos...
THIAGO: un periódico tiene muchas letras...
PROFE: e para que son esas palabras?
ARANTXA: para leer...mi hermana sabe leer porque es mayor!
PROFE: e qué contan esas palabras?
ARANTXA: cosas de mayores...
THIAGO: Sí! como en la tele que cuentan cosas...
PROFE: na vosa casa hai periódicos?

A profe leu unha noticia no Faro de Vigo...e non entendemos nada! Polo tanto decidimos facer unha folla de xornal que contara algo máis cercano a nós!








sábado, 16 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA

Esta semana celebrouse a "SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA".
É unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula e na que "alomenos un día trabállase na aula con xornais".
Na Web "EDUCACIÓN EN VALORES", atopamos cinco boas razóns para levar a prensa á escola: 1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.

Para resolver as dúbidas dos cativos, visitounos un redactor do Diario de Pontevedra. Explicounos moitas cousas sobre a prensa! Andade atentos que esta semana saímos no mesmo!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...