domingo, 30 de octubre de 2011

O CUMPLE DE BRYAN

SEMANA DO SAMAÍN

Esta semana foi adicada a traballar o Samaín!! Fixemos moitas cousas velaquí un resumo! Moitos nenos fixeron nas súas casas coas súas familias cabazas simpáticas, monstruosas e sobretodo orixinais...

Traballamos expresións con cabazas e logo as repetiamos nós! SORPRESA, ALEGRÍA, TRISTEZA...Mirade que ben o facemos!!

Fixemos a nósa propia cabaza de aula, e tras unha votación democrática decidimos poñerlle de nome: LELA! Mirade que guapiña nos quedou!!

Fixemos uns pantasmiñas moi chulis e simpáticos con chupa chups!! Que contentos fomos pa casa con eles!!

O venres saímos todos xuntos ó patio e cantamos as cantigas que aprendemos en inglés do Samaín coa profe Berta. GO AWAY!

lunes, 24 de octubre de 2011

DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Como o título desta entrada anuncia hoxe é o día internacional de bibliotecas. Para celebralo fixemos unha festa de apertura na nosa biblioteca "A charca de Catuxiña".Así, hoxe coñecemos a esta ra tan simpática que nos contou varios contos xunto coa súa amiga Lupita. Gustáronnos e pasámolo ben, e ademáis aprendemos algo moi importante... Hai que coidar os nosos contos, xa que eles pódennos trasladar a mundos maravillosos portadores de maxia e fantasía...
Para rematar fixemos unhas Catuxiñas para gardar como recordo! A ver que vos parecen!!

domingo, 23 de octubre de 2011

jueves, 20 de octubre de 2011

martes, 18 de octubre de 2011

CANTA INFORMACIÓN ESTAMOS XUNTANDO!!

QUE BEN!! Estamos creando un rincón cheo de información do tema que estamos a tratar!! Agora imos ir traballando pouquiño a pouco cós libros de fichiñas e este recuncho serviranos de apoio para aprender moitísimas cousas!! Hoxe polo momento estivemos mostrando ós compañeiros o material que trouxemos...Aquí deixamos algunhas fotiños!

domingo, 16 de octubre de 2011

FACÉMONOS MAIORES!!

Papás e mamás imos comezar un proxecto de traballo no que o centro de interese sobre o que imos investigar é... "Cómo nos facemos maiores". Estamos moi ilusionados e temos moitas ganas de aprender, pero precisamos da vosa axuda e colaboración. Necesitamos información e material sobre tres aspectos: - Embarazo e nacemento - Bebés - Nenos e nenas Válennos todo tipo de materiais; fotos, contos, revistas, recortes, imaxes, ecografías, obxectos... É interesante traer fotos de cando eramos bebés para comparalas coas nosas fotos de agora, e facer algún traballiño sobre isto. Xa temos ganas de buscar información con papá, mamá, a avoa, o avó, o tío, a tía...e levala ó cole para compartir cós nosos compañeiros!! Vai ser moi divertido!! Gracias por axudarnos a construir os nosos coñecementos!!

jueves, 13 de octubre de 2011

lunes, 10 de octubre de 2011

XAN XA TEN 3 ANOS!!



lunes, 3 de octubre de 2011

domingo, 2 de octubre de 2011

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...