domingo, 16 de octubre de 2011

FACÉMONOS MAIORES!!

Papás e mamás imos comezar un proxecto de traballo no que o centro de interese sobre o que imos investigar é... "Cómo nos facemos maiores". Estamos moi ilusionados e temos moitas ganas de aprender, pero precisamos da vosa axuda e colaboración. Necesitamos información e material sobre tres aspectos: - Embarazo e nacemento - Bebés - Nenos e nenas Válennos todo tipo de materiais; fotos, contos, revistas, recortes, imaxes, ecografías, obxectos... É interesante traer fotos de cando eramos bebés para comparalas coas nosas fotos de agora, e facer algún traballiño sobre isto. Xa temos ganas de buscar información con papá, mamá, a avoa, o avó, o tío, a tía...e levala ó cole para compartir cós nosos compañeiros!! Vai ser moi divertido!! Gracias por axudarnos a construir os nosos coñecementos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...