domingo, 8 de febrero de 2015

ENTROIDO ENTROIDIÑO!!

A EEI O GRUPO quere compartir con vos a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación.
  • Exposición de fotos antigas. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores
  • Refráns, adiviñas e receitas. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
  • O mandadiño. A partir do luns, día 9, aparecerá O Mandadiño para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando con versos, qué prendas teremos que vestir do luns ó xoves para que finalmente parezamos unha comparsa.
LUNS: PON UNHA CAMISETA DO REVÉS E VERÁS QUE SORTE TÉS
MARTES: PON ALGO NA CABEZA PARA QUE NON CHE PODREZA
MÉRCORES: COLGA ALGO NO PESCOZO E BRINCARÁS CO GOZO
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA


(Os elementos que se van traendo son acumulativos)


VENRES: FESTA DE ENTROIDO NO COLE CON PAPADELA E BAILE.  

LEMBRADE!

      DISFRAZARÉMONOS COS DISFRACES FEITOS NA CLASE!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...