martes, 18 de noviembre de 2014

Hoxe faltaron moitos compañeiros que están maliños...Queremos mandarvos biquiños para que melloredes. Estas primeiras gripes do ano hai que coidalas moito!







Nós estivemos xogando a facer letras, números...e temos unha novidade moi importante!


Esta semana comezamos unha nova aventura. Dende a nosa biblioteca " A charca de Catuxiña", puxemos en marcha as "mochilas viaxeiras", cargadas de contos e recursos cheos de historias máxicas coas que gozar da lectura en familia. A mochila viaxará polas casas do alumnado. Cada semana levaraa un neno, tendo 7 días para gozar do seu contido e plasmar as súas experiencias na libreta de recordos coa axuda dos familiares. Podedes facer un debuxo, escribir cousas, pegar fotos...
Desexamos que vos guste a experiencia e coidedes o material.



A primeira en levar a mochila é Uxi. O próximo Martes traeraa de volta e levaraa o seguinte na lista.




1 comentario:

  1. Qué genial lo pasáis! gracias de parte de Victoria, mañana ya se incorporará.
    Un besiño muy gordo a todos!!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...